Recollida de sinaturas sobre o convenio da CRTVG

Reclaman unha vía diferente ó concurso-oposición

Ademáis, demandan un proceso de consolidación de emprego por unha vía diferente ó concurso-oposición e lembran que esta situación xa se realiza noutras canles coma TV3 ou Canal Sur. Tamén piden que se recollan no convenio garantías para a consolidación futura de postos de traballo.

"Esiximos que o novo convenio que se asine recolla como mínimo o número de prazas que se reclamaban na folga de xuño de 2005 e reclamamos un novo estudo das necesidades reais de persoal da CRTVG, datos fundamentais para levar a cabo unha convocatoria dun número xusto de prazas", indican neste prego de demandas.

O actual cadro de persoal da CRTVG conta con 558 traballadores fixos e 323 contratados. 255 deles pasaron a ser fixos por un concurso de méritos no ano 1986, 305 por un concurso-oposición libre celebrado no 1991. Dende o ano 1992, cando se resolve o único concurso-oposición para todas as categorías laborais da historia da CRTVG, "non houbo ningunha ampliación de catálogo". Daquela cuubrironse 44 vacantes; 25 por concurso-oposición e 19 por promoción interna.

Noticia orixinalmente publicada en Galiciaconfidencial

Comments are closed.