O SXG solidarízase co fotógrafo agredido en Vigo e esixe unha actitude de respecto cara aos traballadores da comunicación

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) quere solidarizarse co fotógrafo da axencia Efe que foi agredido hoxe durante os incidentes protagonizados polos raballadores do metal en Vigo e que tivo que ser atendido polos servicios sanitarios logo de que o alcanzara na cara un pao demadeira.

Desde a Executiva do sindicato pídese unha vez máis que se respecte aos profesionais da comunicación e se lles permita realizar o seu traballo en condicións de seguridade, emprazando especialmente aos manifestantes do metal a evitar actitudes agresivas e violentas cara aos informadores que están a cubrir as súas protestas en Pontevedra.

Este é o segundo incidente no que se ve directamente implicado un fotógrafo desde que o pasado mércores o sector do metal da provincia de Pontevedra iniciase unha folga indefinida en demanda dunha mellora salarial e dunha estabilización do emprego.

Por iso, o SXG insta tamén ás forzas e corpos de seguridade a garantir na medida do posible o libre exercicio profesional dos traballadores da comunicación cando están a cubrir informativamente unevento deste tipo.

5 de maio de 2006

Comments are closed.