Xornada sobre o Estatuto do Xornalista Profesional: A Xunta buscará un marco estable de relacións laborais para os xornalistas galegos

O Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela comprometíase en buscar a formula para establecer un “marco claro e definido das relacións laborais” na profesión do xornalismo. O Conselleiro facía estas declaracións na inauguración das “I Xornadas sobre a regulación da Profesión Xornalistica. Estatuto do Xornalista Profesional: Presente e futuro da Profesión”, organizadas en Santiago polo Sindicato de Xornalistas de Galicia.

Tras a inauguración e no marco do desenvolvemento da mesa “O Estatuto do Xornalista Profesional. Estado da Tramitación”, a deputada no Congreso polo BNG, Olaia Fernández estimaba que no próximo periodo de sesións poderase discutir o Estatuto Profesional do Xornalista. A deputada nacionalista indicaba ademáis que no sector da información a precariedade laboral “rexistra as tasas máis altas de todos os grupos económicos”.

Pola súa banda a Coordenadora de Izquierda Unida-Esquerda Unida en Galicia, Yolanda Díaz mostrou na Facultade de Ciencias da Información a súa “sorpresa “ ó entender que na Lei de Dereitos Laborais dos Xonalistas “estase pedindo o mínimo”.

Dolores Pan, deputada do Partido Popular pola provincia de Pontevedra mostrou o desacordo do seu grupo co Estatuto que se está a discutir no Congreso. Incidía en que o texto non “despertou a unanimidade entre os profesionais” e que unha regulación da profesión “non debe xerar máis problemas que os que soluciona”. Pan entende que os Consellos de Redacción propostos polo estatuto “non xeneran máis indenpendencia”.

Dende o Partido Socialistas, a deputada María Xosé Porteiro anunciou que o seu grupo presentará “moitas enmendas” ó texto inicial, tramitado a iniciativa de Izquierda Unida. Referindose a precariedade laboral engadía que “non é casual que unha profesión que se feminiza de tal xeito como o está a facer o xornalismo se invisibilice e alcance unha gran precariedade”.

Antón Losada denfende que os medios públicos deben estar vinculados as maiorias de governo para exercer o control democrático.

O Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia, Antón Losada mantivo que o control democrático dos medios públicos debe exercerla os Parlamentos. Losada considerou que este control debería pasar do executivo ó parlamento para “non caer nos xogos das maíorias”. Foi mais aló o secretario xeral e indicou que debería existir “unha comisión parlamentaria de control onde fose a oposición quen teña a maioría”. Esta sería a única forma, manifestou Losada, de garantir cando menos a “autonomía entre os políticos e os medios públicos, autonomía que non independencia”.

Nas “I Xornadas sobre a regulación da profesión xornalística”, participaron ademáis o Decano do Colexio Profesional de Xornalismo de Galicia, o Conseller do Consell Audiovisual de Catalunya, Jaume Serrats I Olle, o Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Miguel Túñez e a xornalista María Antonia Iglesias. Nas distintas mesas que conformaron estas xornadas participaron ademáis distintos representantes da Federación de Sindicatos de Periodistas.

Programa:

6 de maio, sábado, no Auditorio da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela.

09.30 – INAUGURACIÓN.
RICARDO VARELA. Conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia.
MIGUEL TÚÑEZ. Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
XURXO SALGADO. Secretario Xeral do Sindicato de Periodistas de Galicia.

10.00-11.30 – O ESTATUTO DO PERIODISTA PROFESIONAL. ESTADO DA TRAMITACIÓN.
Un representante dos grupos parlamentarios que participan na tramitación do Estatuto del Periodista Profesional no Congreso.
AGUSTÍN YANEL. Secretario de Comunicación da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP).
DEBATE

12.00-14.00 – CONTROL DEMOCRÁTICO DA INFORMACIÓN NOS MEDIOS PÚBLICOS E PRIVADOS. O CONSELLO AUDIOVISUAL
ENRIC BASTARDES PORCEL. Secretario Xeral da FeSP
JAUME SERRATS I OLLE. Conseller do Consell Audiovisual de Catalunya
XOSÉ MANUEL VEGA, decano do CPXG.
XESÚS IGLESIAS, director da TVG.
MARÍA ANTONIA IGLESIAS, periodista de El País y la SER
ANTÓN LOSADA, secretario xeral de Relacións Institucionais.
DEBATE

16.30-17.30 – ESTATUTO DEL PERIODISTA PROFESIONAL, LEY DE DERECHOS LABORALES E ESTATUTOS DE REDACCIÓN.
ALFREDO MAIA. Secretario Xeral do Sindicato de Jornalistas de Portugal.
DARDO GÓMEZ. Secretario de Organización da FeSP.
RAMÓN ANGUEIRA VEZ. Avogado do SXG.
DEBATE

17.30-18.30 – SITUACIÓN LABORAL DOS XORNALISTAS EN ESPAÑA E EN GALICIA.
MIGUEL TÚÑEZ. Decano da Facultade de Ciencias daComunicación da Universidade de Santiago.
GUILLERMO POLO Secretario de Acción Sindical da FESP
XURXO SALGADO. Secretario Xeral do SXG.
DEBATE

19.00-20.30 – FORMACIÓN DO XORNALISTA E INTEGRACIÓN NO MERCADO LABORAL.
XABIER ARKOTXA. Secretario de universidades e estudiantes en prácticas do SPC
ENRIQUE CASTELLÓ. Vicedecano de Prácticas da Faculdade de Ciencias da Comunicación de Santiago.
LUIS ÁLVAREZ POUSA. Membro da Xunta de Goberno do CPXG e director do Observatorio Galego de Medios.
DAVID LOMBAO. Representante das organizacións de alumnos da Faculdade de Ciencias da Comunicación de Santiago.
DEBATE

20.30. CLAUSURA

Comments are closed.