Cursos de Photoshop e xestión web e multimedia para traballadores do sector da Comunicación

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FESP) ofrece, en colaboración co Grupo Femxa, unha serie de actividades formativas nas que os interesados participarán de xeito non presencial, senón co sistema e-learning ou de formación a través de internet. Subvencionadas polo Servicio Público de Empleo Estatal e dirixidos a traballadores do sector da prensa diaria, os cursos serán gratuítos ao 100%.

A FESP ofrece nesta ocasión dous cursos, un de Adobe Photoshop CSA de 162 horas de duración e outro algo máis amplo de Experto en Web e Multimedia de 222 horas. Nestas accións formativas tamén están incluídas a realización de dous módulos transversais de seis horas de duración: un de Xestión emprendedora e outro de Xestión da Innovación. Para a realización destes cursos é imprescindible dispoñer de conexión a internet e ter coñecementos básicos sobre informática.

Os interesados en ampliar a súa formación poden descargar aquí a ficha de inscrición, na que debe constar os datos persoais e á que se deben adxuntar unha copia do DNI por ambas caras, da Tarxeta Sanitaria ou TC2, da Tarxeta de Demanda de Emprego en caso de estar en paro ou da cabeceira da última nómina ou do recibo de autónomos en caso de ser traballador por conta allea ou propia. Podes pedir máis información ou facer a inscrición chamando de xeito gratuíto ao 900 100 957, consultando a web de Cursos Femxa ou enviando un correo a atencionalumno@femxa.com. A data prevista de inicio do curso, o 30 de abril.

Comments are closed.