Novos carnés do Sindicato de Xornalistas

O SXG comeza a distribución dos seus novos modelos carné sindicais, que permitirán aos afiliados a súa acreditación como profesionais da información.Carné do Sindicato de Xornalista

Os novos carnés están personalizados por unha das súas caras.  No reverso teñen un deseño común aos sete sindicatos que colaboran na Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP). Nese reverso, ademais do logotipo da FeSP está tamén o logotipo da Federación Internacional de Periodistas, da que é membro o SXG a través da FeSP. A Federación Internacional de Periodistas (FIP) é a entidade máis recoñecida a nivel internacional polas autoridades para a acreditación de informadores en eventos, etc.

Modo de distribución

O novo documento tamén inclúe unha mensaxe en catro idiomas  (castelán, inglés, francés e árabe), indicando a cualificación como  periodista  profesional da persoa titular e instando ás autoridades a prestarlle axuda no cumprimento do seu traballo.

O SXG irá poucoa pouco renovando os carnés de toda a afiliación aínda que nesta primeira  quenda só se imprimiron os carnés dos compañeiros e compañeiras que aínda
non tiñan ningún. Nos vindeiros días o SXG comezará a enviar por correo postal estás
acreditacións aos  eque aínda non as posúen e están ao día no pago das súas cotas de afiliación.

A impresión de carnés comúns pero persnolizados para todos os sindicatos  da federación foi unha proposta do SXG ante a Xunta federal aprovada por
unanimidade polos sete sindicatos que a forman.

Comments are closed.