O Sindicato de Xornalistas de Galicia condena a agresión ao fotógrafo galego durante a folga xeral en Madrid


O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) critica a agresión sofrida polo fotógrafo de El Confidencial, o galego Iván Gil. Mentres estaba traballando en Madrid durante a última folga xeral, o traballador foi golpeado por un membro das Unidades de Intervención Policial, os coñecidos como ‘antidisturbios’.

O Sindicato de Xornalistas únese ao Colexio de Xornalistas en expresar o seu malestar e preocupación por este tipo de lamentables incidentes que atentan gravemente contra o dereito a informar. O SXG lembra que a semana pasada remitiu unha carta ao Fiscal Superior de Galicia advertíndoo da pasividade da fiscalía ante as cada vez máis frecuentes agresións de axentes do orde a informadores.

Segundo os datos e testemuños gráficos publicados, e resumidos polo Colexio, Gil foi agredido ó fío das 21:15 do mércores, na rua Atocha de Madrid, cando realizaba labores informativas seguindo con outros xornalistas a evolución dos incidentes que estaban a rexistrarse. El mesmo relata que o encarou coa arma un axente que portaba unha escopeta lanza-pelotas de goma, que disparou, pese a que o xornalista mostrou as suas credenciais profesionais.

O compañeiro está a tratamento pola contusión pulmonar.

 

Comments are closed.