Chamamento a participar nas protestas do luns contra os recortes

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) anima a participar a toda a afiliación nas manifestacións contra os recortes o  luns día 15 ás 19:00 horas nas principais localidades de Galicia.

Os horarios das protestas nas sete cidades galegas son os seguintes:

A Coruña: Praza de Pontevedra ás 19:00 horas.

Compostela: Alameda ás 19:00 horas.

Ferrol: Praza de España ás 19:00 horas.

Lugo: Edificio Administrativo da Xunta ás 19:00 horas.

Ourense: Pavillón dos Remedios ás 19:00 horas.

Pontevedra: Praza da Ferreiría ás 20:00 horas.

Vigo: Vía Norte ás 20:00 horas..

O SXG chama a que todos os profesionais do sector acudan, especialmente os/as traballadores/as do sector público, porque «son reivindicacións xustas e necesarias e que buscan cambios que redundarán en beneficio de todos».

O SXG valora moi positivamente a unidade sindical ao redor desta convocatoria. Só mediante a colaboración de todos os empregados e centrais sindicais poderemos deter a política de recortes socias coa escusa da crise.

Comments are closed.