O SXG e a FeSP solidarízase cos traballadores de El País e cos do Grupo Unidade Editorial, ameazados por senllos ERE desorbitados

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), na que participa o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) solidarízase cos traballadores de El país e condena rotundamente as ameazas que lles fixo chegar o director do xornal, Javier Moreno, para que non sigan adiante coa folga de firmas que aprobou a asemblea como protesta polo anuncio empresarial de despedir 149 persoas, a terceira parte do equipo.

A posibilidade de retirar a firma é un dos dereitos tradicionais dos xornalistas, non só por motivos de conciencia senón tamén como medida de protesta ante decisións empresariais que consideren inxustas. Pretender vulnerar este dereito, como fixo a dirección do xornal cos correspondentes e enviados especiais primeiro, e a continuación coa redacción de Madrid, con ameazas de que se non asinan as informacións serán despedidos, demostra o escaso talante democrático duns directivos -con Juan Luis Cebrián á cabeza- que levaron a ese xornal a unha situación económica moi grave non só pola crise económica xeneralizada senón tamén pola súa nefasta xestión á fronte da empresa.

A Xunta Executiva Federal da FeSP lamenta que Cebrián, máximo responsable de El País, dixese que vai despedir aos xornalistas máis veteranos porque a redacción está envellecida e porque cobran moito. Estas afirmacións, ademais de non ser certas, demostran unha concepción do periodismo que non ten en conta a calidade da información senón exclusivamente que a man de obra sexa o máis barata posible, preferiblemente composta por bolseiros e recén contratados con salarios máis baixo, aínda que non teñan fontes.

A FeSP apoia todas as medidas de protesta que aprobaron os traballadores en asemblea, así como a súa petición de que dimita o director, Javier Moreno, por ameazar os redactores para que asinen. Semellante comportamento non é aceptable nunha democracia-

Así mesmo, a FeSP expresa a súa solidariedade aos traballadores de Marca, Radio Marca, Expansión e as revistas e outras empresas do Grupo Unidade Editorial, ás cales a empresa comunicou que vai aplicar, un Expendente de Regulación de Emprego (ERE) con moitos máis despedimentos dos que previra antes do verán.

Comments are closed.