O SXG mobilízase contra os recortes impostos polo Goberno

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e a federación á que pertence -Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP)- rexeitan rotundamente os recortes que aprobou o Goberno. Por iso o SXG chama a participar nas mobilizacións contra os recortes convocadas para mañá xoves.

En opinión do SXG, os recortes supoñen a maior agresión cometida xamais contra os dereitos dos traballadores e superaron de sobra o triste récord que logrou o Executivo do PP coa lamentable reforma do mercado laboral. O conxunto de medidas non inclúen in a primeira iniciativa para estimular o crecemento económico e atallar a sangría do desemprego que sofre toda a sociedade, e con especial virulencia o sector da comunicación.

Unha tesoirada tan drástica a dereitos da cidadanía, efectuado sen sequera dialogar cos partidos da oposición, debe ser respondido coa contundencia que merece. Por iso, a Xunta Executiva Federal da FeSP apoia todas as mobilizacións e manifestacións de protesta que se están a celebrar e se van celebrar en España, tanto as convocadas por organizacións sindicais e profesionais como por colectivos e asociacións cidadás. Cómpre lembrar que o PP tampouco dialogou cos axentes sociais antes de aplicar a reforma laboral, que xa se demostrou inútil para xeral emprego.

En Galicia as mobilizacións anunciadas son as seguintes:
  • A Coruña: Ás 20:00 h da Praza da Palloza.
  • Burela: Ás 20:00 h da Praza da Mariña
  • Ferrol: Ás 20:30 h do Inferniño
  • Lugo: Ás 20:00 h da Ronda da Muralla, do edificio sindical
  • Pontevedra: Ás 20:30 h da Praza da ferrería
  • Santiago: Ás 20:00 h da Alameda
  • Ourense: Ás 20:00 h do Pavillón dos Remedios
  • Vigo: Ás 20:30 h da Vía Norte
  • Vilagarcía: Ás 21:00 h da Casa do Mar

Os traballadores dos medios de comunicación vanse ver moi afectados por estes recortes. Subir o IVE ao 21% nos xornais dixitais, unha das medidas que adoptou o Goberno, vai supoñer o despedimento de moitos traballadores, que se sumarán aos máis de 6.000 que perderon o seu emprego nos catro últimos anos nas empresas de comunicación.

TVG

A Executiva da FeSP tamén expresa a súa solidariedade e apoio aos traballadores da Radiotelevisión Valenciana (RTVV), aos que anunciaron o despedimento de ata 1.295 dos 1.695 que constitúen o equipo. Un número de despedimentos tan esaxerado impediría ofrecer á cidadanía un servizo público de calidade e obrigaría a externalizar moitos traballos, en beneficio de empresas privadas. Os traballadores, que non provocaron a crise económica, son unha vez máis os que pagan as consecuencias da dilapidación e da mala xestión da radiotelevisión públicas valenciana, que os seus responsables levaron a cabo durante anos co beneplácito do Goberno autonómico do PP por intereses partidistas.

O SXG advirte que o exemplo da RTVV pode servir de precedente a outro goberno do PP, o de Galicia, para aplicar medidas similares na CRTVG. Por iso o Sindicato de Xornalistas volve facer un chamamento á unidade sindical e a mobilzación dos asalariados da CRTVG para que adopten medidas de presión para evitar que o Goberno considere sequera tales opcións.

Comments are closed.