O Sindicato de Xornalistas chama a concentrarse este mércores en defensa da liberdade de prensa

O Sindicato de Xornalistas de Galicia chama a todos os profesionais do sector a participar nas concentracións do Día da Liberdade de Prensa , organizadas por parte de tres das asociacións da prensa que hai en Galicia:
• SANTIAGO DE COMPOSTELA: 12:00 horas, diante da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade.

• A CORUÑA: 12:00 horas, no Obelisco.

• LUGO: 20:00 horas, no Museo Provincial.
O SXG solicita a todos os axentes sociais que se absteñan de convocar roldas de prensa e outras actos informativos nas tres cidades nese tramo horario para facilitar a presenza dos informadores no acto reivindicativo.
A central destaca que a colaboración entre todas as organizacións do sector é imprescindíbel para superar a crise do sector, afectado por unha continúa vaga de despedimentos ante a total pasividade das administracións públicas.
Ante unha degradación laboral e profesional tan grave como a actual, a o SXG fai un novo chamamento aos partidos políticos para que regulen por lei a profesión xornalística con urxencia, porque é o único xeito de que os seus profesionais sexan verdadeiros intermediarios no dereito á información da cidadanía.

Comments are closed.