OS XORNALISTAS CATALÁNS REAFIRMAN O SEU APOIO Ó ESTATUTO DO XORNALISTA PROFESIONAL

Dardo Gomez reelexido presindente do Sindicato de Periodistes

O Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC) celebrou en Barcelona nos pasados 12 e 13 de Novembro o seu V congreso baixo o lema "Dret a la informació. Drets dels informadors". As compañeiras e compañeiros cataláns reelexiron a Dardo Gómez como o presidente do Sindicato acompañado por unha executiva formada por catorce persoas máis.

Neste congreso no que participou como convidado o Sindicato de Xornalistas de Galicia demostrouse, unha vez máis, a necesidade que a profesión ten dunha regulación.

Neste sentido, nas distintas mesas que conformaban o programa do congreso, refrendouse o apoio co que conta na profesión o Estatuto del Periodista Profesional (EPP). De feito unha das resolucións aprobadas polo congreso insta "os grupos parlamentarios a sacar adiante un EPP que realmente sexa un instrumento eficaz para defender o dereito á información da cidadanía", algo que só se pode garantir "si o texto final asegura ós xornalistas a sua independencia frente as presións de que poidan ser obxeto".

Os grupos políticos presentes nunha das mesas , PSC, ERC, CIU e ICV-EuiA comprometíanse ante os xornalistas presentes no congreso a apoiar un texto de EPP que vaia acompañado dunha Lei de regulación dos dereitos laborais.

Ante a presencia tamén dos compañeiros dos sindicatos de Francia e Portugal pusoxe de manifesto que o Estado Español é unha "rara Avis" no conxunto de Europa o non contar con mecanismos suficientes para regular a profesión e garantir a independencia dos profesionais así como rematar coa precariedade laboral que padecemos.

Comments are closed.