O SXG APOIA O ESTATUTO DO XORNALISTA QUE ENTROU A DEBATE NO CONGRESO E CONFÍA EN QUE SIRVA PARA REGULAR A SITUACIÓN DA PROFESIÓN

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) mostra a súa satisfacción polo inicio dos traballos no Congreso dos Diputados para a aprobación do Estatuto do Xornalista, que regulará por lei os dereitos e os deberes dos profesionais da comunicación e posibilitará, entre outras medidas, a creación de Consellos de Redacción, que servirán de canle de participación dos xornalistas na orientación editorial da empresa.
A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), da que forma parte o SXG, é unha das organizacións que impulsaron a tramitación deste texto, que o pasado mércores entrou a debate no Congreso. O Sindicato de Xornalistas de Galicia súmase a loita que dende o ano 1998 emprendeu a FeSP para sacar adiante o Estatuto do Xornalista, xa que considera prioritario que a profesión esté amparada por una lei, na que se incluirá un Código Deontolóxico e se dará protección legal ós traballadores para que poidan acollerse á clausula de conciencia. Asimesmo, garantirá o respeto ó segredo profesional dos xornalistas "frente o empresario e as autoridades públicas e xudiciais".
O Estatuto do Xornalista prevé ademáis a creación dun Consello Estatal da Información para "promover os dereitos a liberdade de expresión e información e a implantación do carné do xornalista para acreditar ós profesionais do sector.
A proposición de lei que regulará a profesión, presentada por Izquierda Unida, sométese dende o mércores a unha ronda de comparecencias na que 44 expertos darán a sua opinión sobre o texto que chegou a Cámara Baixa.
Para o Sindicato de Xornalistas de Galicia a aprobación deste texto é fundamental para garantir o exercicio independiente da profesión. A desregulación que sufre o xornalista favorece a manipulación en medios públicos e privados e contribúe o desprestixio do xornalista, así como á perda de calidade do producto informativo. Ademáis, unha lei coma ésta dará armas de defensa os profesionais frente ó abuso de poder de algunhas empresas.

Comments are closed.