O Sindicato de Xornalistas alerta sobre o perigo de desaparición da información de proximidade en Galicia

Localia Pontevedra, Localia Vigo, varias delegacións de La Voz de Galicia (nas delegacións e subdelegacións de Vigo, Carballiño …), varias delegacións da CRTVG, Radio Voz e a emisora pública do Concello de Ames. Estas son algúns dos medios de información que nas últimas semanas despediron a profesionais que se adicaban principalmente á información local, nun proceso de desaparición duns medios e redución doutros.

Deterioro do dereito á información

No día no que unha parte da profesión celebra o seu patrón, o Sindicato de Xornalistas de Galicia alerta das graves consecuencias que ten para a cidadanía o evidente deterioro da información máis próxima. A progresiva desaparición do xornalismo de proximidade dificulta que os cidadáns poidan exercer o seu dereito constitucional á acceder á información das actividades dos cargos públicos.

Esta eiva é especialmente grave no referido á información sobre as autoridades locais, cuxas decisións son as que teñen un impacto máis inmediato nas vidas cotiás dos veciños. Este deterioro da proximidade informativa tamén dificulta o acceso aos medios das iniciativas veciñais e locais non institucionais, seguidas habitualmente polos profesionais especializados en información local.

O SXG critica que a vaga de despedimentos no xornalismo aumente mentres todas as miran administracións para outro lado con A total pasividade. As autoridades públicas levan décadas entregando millonarias subvencións aos empresarios do sector sen esixirlle sequera o mantemento do emprego nas súas compañías, un trato de favor que non se produce en ningún outro sector económico.

Pasividade de todos os partidos

Todos os partidos con responsabilidades de goberno seguen a obviar o acordo unánime do Parlamento de Galicia. A Cámara aprobou, a instancia do SXG, vincular as axudas públicas ao mantemento do emprego digno e ao uso real da lingua galega.

O Sindicato de Xornalistas fai un novo chamamento a todos os profesionais, empresas e organismos da profesión para abrir unha vía de diálogo co fin de atopar solucións para deter a continúa sangría de o aumento da despedimentos e da profesión.

Comments are closed.