Citroen premia os mellores traballos sobre Vigo e o medio ambiente

A empresa convoca os Premios Ardora

A participación está aberta a profesionais de calquera medio de comunicación que poden presentar os seus traballos tanto de forma individual como en grupo, sempre e cando os artigos que se presenten foran difundidos nos medios entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 1 de outubro deste mesmo ano.

O prazo para presentar os traballos que aspiren ós premios rematará o próximo 31 de outubro de 2005 e todos os documentos deberán ser enviados ó apartado de correos 1.547 coa referencia "Premios Ardora de Periodismo". Entre esa documentación deberán figurar dúas copias do traballo realizado, no soporte en que foi difundido ó público, os datos do autor, a data de difusión e o medio.

O xurado estará integrado polos miembros do Consello Ardora e os premios fallaranse en xaneiro de 2006, aínda que serán entregados o día en que se presente o próximo informe Ardora. Os nombres dos galardoados daranse a coñecer a través dunha nota de prensa.

Comments are closed.