20 minutos despide 21 traballadores

FORTE CAÍDA DA PUBLICIDADE

A cabeceira que dirixe Arsenio Escolar (2.911.000 lectores segundo o último OJD) ten prevista unha importante previsión de perdas para o ano que ven, o que motivou o axuste de persoal.

Saen do gratuíto, entre outros, un dos seus redactores xefe, Juan Carlos Escudier, y Ángel Petricca, xefe de sección de Zona 20.

A crise interna do rotativo motivou que Escolar e o director xeral da publicación, José Antonio Martínez Soler, atravesen unha etapa de gran tensión entre ambos.

O propio Escolar explicaba hai poucos días no seu blog algúns dos reaxustes.

"No sector da comunicación existía o temor xeneralizado de que, se chegaban vacas fracas económicas, o primeiro que recortarían as empresas sería a publicidade. Era un temor con fundamento, foi así: os ingresos por publicidade están caendo de modo notable estas últimas semanas para todos os diarios españois, grandes e pequenos, gratuítos e de pagamento, nacionais e locais. O baixón é tan forte e tan brusco que creo que todos nos puxemos a mesma tarefa urxente: reducir custos", sinalaba.

"Os que estabamos en beneficios, para evitar irnos a perdas. Os que estaban en perdas, para evitar morrer".

Esta tesoirada, motivou que Escolar prescinda de varios columnistas como Pablo Carbonell, Mercedes de la Merced, Cristina del Valle, Julián Hernández, Peter Casting ou o debuxante Nieto…).

"A todos expliqueilles persoalmente por que tomabamos esta medida, deilles as grazas polo que fixeron por este proxecto e prometinlles que, cando pase a crise, pedireilles que publiquen aquí de novo", engadía.

A saída de 21 persoas do plantel de 20 Minutos confirma o forte reaxuste do diario gratuíto. A cabeceira decidiu desfacerse daquelas persoas con soldos máis elevados. Entre outros, a xefe de Corrección, a responsable da edición de Bilbao, Isabel Camacho, e unha das subdirectoras.

No primeiro trimestre do ano, 20 Minutos sufriu unhas perdas operativas (EBITA) de 1"7 millóns de euros e unha caída dun 13% na súa facturación publicitaria.

Comments are closed.