Os diñeiros da Xunta aos medios

ESPECIAL DE TEMPOS NOVOS

O número 134 de xullo de 2008 da revista pon "branco sobre negro as cifras desta relación opaca e perversa, consolidada durante o fraguismo e perpetuada agora, sen un proxecto de Lei de publicidade institucional á vista".

O texto completo da información citada pode consultarse na nova canle dixital de Tempos Novos en internet.

"Os acordos negociados bilateralmente e en segredo, os pactos/convenio sen previa convocatoria pública, e todas as demais fórmulas de compravenda informativa –que teñen nos contratos audiovisuais e nos encargos editoriais un estimulante a maiores-, serven unicamente aos intereses de empresarios e políticos, non aos intereses da cidadanía, que é á que se deben uns e outros. Con semellante anestesia, os medios corren o perigo de entrar en vía morta. Sen que fose de estrañar que arrastrasen con eles aos anestesistas", sinala unha editorial.

Comments are closed.