Xornalistas de Irak, Túnez e Chad acuden mañá a Compostela invitadas polo SXG

Houda Mahmat do Chad, Youad Ben Rejeb de Túnez e unha compañeira irakí, que prefire permanecer no animato por razóns de seguridade. Estas son as tres xornalistas que participan no ciclo "Un altofalante para o silencio. Tecnoloxías da Información e a Comunicación con Visión de Xénero" que o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) achega mañá venres, 30 de maio, a Santiago.

Formación contra a discriminación
Este proxecto, que organiza a Fundación Euroárabe de Altos Estudos, é unha experiencia piloto de aplicación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para formar a mulleres xornalistas e comunicadoras. O proxecto busca erradicar, mediante o traballo en rede, toda violencia contra as mulleres e servir como fonte informativa nos temas relacionados coa xustiza de xénero, a liberdade de expresión e a promoción da paz.

As mulleres invitadas participan durante dúas semanas en distintas actividades programadas. Así, tras estar en Málaga e Sevilla, o venres un grupo acude a Compostela. Ese mesmo día outra parte das participantes –de estados como Congo, Sudán, Costa do Marfil, Marrocos, Líbano ou Arxelia– estará en Madrid e Barcelona.

Axenda en Compostela
O programa en Santiago inclúe unha visita ás instalacións da CRTVG en San Marcos, para coñecer o seu funcionamento, especialmente a elaboración da portal de internet do ente público. A continuación xantarán con directivos da Compañía e coa secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Carme Adán. Xa pola tarde, as 19:30 horas, organizarase unha mesa redonda no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela. No debate tamén participaran representantes do Sindicato de Xornalistas e da Fundación Euroárabe.

O proxecto ‘Un altofalante para o silenzo’ inclúe unha primeira parte centrada nun curso que se impartiu en Granada de capacitación en materia de TIC, que lles permita ás mulleres que o reciban permitirá converterse en formadoras de formadoras unha vez cheguen aos seus países.

A inciativa tamén prevé visitas a distintas cidades nas que se desenvolverá unha fase de información e sensibilización, mediante a organización de mesas redondas abertas ao público, nas que as participantes neste proxecto abordarán o tema da violencia de xénero.

Patrocinadores
"Un Altofalante para o Silencio" conta co patrocinio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Deputación de Málaga, as Universidades de Granada e Málaga, o Instituto Andaluz da Muller, a Consellería de Xustiza e Administración Pública da Junta de Andalucía e a Deputación de Granada.
Tamén conta co apoio e a colaboración de institucións e organizacións como o Centro Internacional de Prensa da Xunta de Galicia, a Cátedra UNESCO Liberdade de Expresión da Universidade de Málaga, Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), Asociación de Xornalistas Dixitais de Andalucia, Área de Muller de Radio Vallekas, LolaMora Producións, ACSUR A Segovias, Women Media and Development (TAM), Women"s link; Asociación Euroafricana, Asemblea de Cooperación pola Paz, Asociación da Prensa de Sevilla, Asociación da Prensa de Granada, Universidade Internacional de Andalucía e Instituto Europeo do Mediterráneo.

Nota aos medios.- Aqueles interesados en realizar algunha entrevista, por favor contacten co Sindicato de Xornalistas de Galicia no 630 545 240 ou no 651 36 00 68. En principio, o horario dispoñible para tal fin é de 5 a 7 da tarde do venres.

Comments are closed.