Mulleres africanas e árabes participan en Santiago nun ciclo de tecnoloxía e xénero

O Sindicato de Xornalistas de Galicia achega a Santiago o ciclo "Un altofalante para o silencio. Tecnoloxías da Información e a Comunicación con Visión de Xénero" o venres día 30 de maio. Nel participan mulleres xornalistas de Alxeria, Chad, Costa do Marfil, Exipto, España, Iraq, Líbano, Marrocos, Palestina, Congo, Sudán e Tunisia.

Este proxecto, que organiza a Fundación Euroárabe de Altos Estudos, é unha experiencia piloto de aplicación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para formar a mulleres xornalistas e comunicadoras. O proxecto busca erradicar, mediante o traballo en rede, toda violencia contra as mulleres e servir como fonte informativa nos temas relacionados coa xustiza de xénero, a liberdade de expresión e a promoción da paz.

As mulleres, invitadas a participan durante dúas semanas en distintas actividades programadas. Así, tras pasar por Málaga e Sevilla o venres 30 un grupo delas acudirá a Compostela. Ese mesmo día outra parte das participantes estará en Madrid e Barcelona.

O proxecto contempla unha primeira parte centrada nun curso que se impartiu en Granada de capacitación en materia de TIC, que lles permita ás mulleres que o reciban permitirá converterse en formadoras de formadoras unha vez cheguen aos seus países.

O proxecto complétase cunha visita a distintas cidades nas que se desenvolverá unha fase de información e sensibilización, mediante a organización de mesas redondas abertas ao público, nas que as participantes neste proxecto abordarán o tema da "Violencia contra as Mulleres".

Patrocinadores

"Un Altofalante para o Silencio" conta co patrocinio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Deputación de Málaga, as Universidades de Granada e Málaga, o Instituto Andaluz da Muller, a Consellería de Xustiza e Administración Pública da Junta de Andalucía e a Deputación de Granada.

Tamén conta co apoio e a colaboración de institucións e organizacións como o Centro Internacional de Prensa da Xunta de Galicia, a Cátedra UNESCO Liberdade de Expresión da Universidade de Málaga, Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), Asociación de Xornalistas Dixitais de Andalucia, Área de Muller de Radio Vallekas, LolaMora Producións, ACSUR A Segovias, Women Media and Development (TAM), Women"s link; Asociación Euroafricana, Asemblea de Cooperación pola Paz, Asociación da Prensa de Sevilla, Asociación da Prensa de Granada, Universidade Internacional de Andalucía e Instituto Europeo do Mediterráneo.

Comments are closed.