Cursos de inglés para traballadores do sector da Comunicación

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) iniciará no mes de maio un ciclo de formación para traballadores do sector da comunicación. A cidade escollida para iniciar o programa é Vigo para logo estenderase progresivamente ao resto de Galicia.

Impartiranse clases de inglés para grupos dun máximo de 5 ou 6 estudantes nas instalacións da empresa Global Project, na rúa Marqués de Valladares de Vigo. Cada grupo terá o seu propio profesor. O grupo crearase en función do nivel dos alumnos, para que todos teñan aproximadamente o mesmo.

Os horarios de traballo estableceranse por consenso entre alumnos e formadores. Cómpre que todos os interesados/as remitan un correo a Paula González (paulag@robaliza.info), quen será quen coordine a creación e horario destes grupos. Nese correo deberá facerse constar o seguinte:

  • Nome e apelidos
  • Datos de contacto (teléfono, email, medio/empresa no que traballa)
  • Nivel de inglés (detallando títulos, cursos e anos de estudo)
  • Horarios posibles (detallando franxas horarias e días)
  • A condición de afiliado ou non ao Sindicato de Xornalistas de Galicia

Os cursos serán gratuítos para todo o alumnado. Os afiliados ao Sindicato de Xornalistas terán preferencia en caso de que houbese problema de prazas.

Comments are closed.