Xornalistas galegos xúntanse mañá en Santiago para abordar os seus dereitos

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) organiza mañá sábado día 5 de abril unha xornada de formación laboral para os traballadores do sector da comunicación. Baixo o título "Dereitos laborais básicos e estratexias de negociación" o curso terá lugar en Santiago de Compostela.

A iniciativa busca, mediante a formación práctica, capacitar aos xornalistas para mellorar as súas condicións laborais. Así, os dereitos de autor dos reporteiros e o funcionamento dos comités de empresas son algúns dos temas que se abordarán en sesións de mañá e tarde.

Relatores con experiencia práctica

Os principais relatores serán os expertos en relacións laborais Fabián Nevado e Roberto Rodríguez, do Sindicat de Periodistes de Cataluña, cunha gran experiencia nas negociacións colectivas en medios tan importantes como La Vanguardia.

A formación é de carácter gratuíto e está dirixida aos afiliados do SXG e ao resto dos traballadores do sector da comunicación de Galicia. O curso terá lugar no Hotel Bonaval (ao carón do Museo do Pobo Galego), dende as 10:30 horas e até as 18:30 do serán.

Comments are closed.