O SXG amosa o seu pesar pola morte de Agustín Díaz

O Sindicato de Xornalistas de Galicia amosa o seu pesar polo falecemento do xornalista da TVE, Agustín Díaz, e destaca o espírito loitador de quen, durante moitos anos, foi unha voz crítica e constructiva do mundo xornalístico galego.

Cunha ampla experiencia na información política, Agustín nunca calou ante o que consideraba abusos do poder. Dende o SXG queremos lembrar o traballo de quen foi un gran profesional.

Natural da parroquia de Ramil, no municipio lucense de Castro de Rei, os seus inicios profesionais foron no Ideal Galego, primeiro na Coruña e despois en Santiago. Viviu en varios países europeso e foi concelleiro de Unidade Galega. Traballou na delegación da Televisión Española en Galicia ata a súa prexubilación, o pasado ano.

Comments are closed.