Nova convocatoria do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

ATÉ O 1 DE MARZO

O prazo de presentación de propostas e traballos finaliza o día 1 de marzo e deben ser remitidos á Deputación Provincial de Ourense (Rúa Progreso, 32), co epígrafe Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo.

Os interesados deben remitir seis copias dos traballos ou conxuntos de traballos presentados a esta convocatoria. O xurado deberá emitir o seu fallo no mes de abril e a entrega do premio terá lugar o día 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa.

Calquera interesado pode solicitar máis información no Centro Cultural Deputación Ourense (centrocultural@depourense.es) ou no teléfono 988 385 222

Comments are closed.