O FOP RECLAMA QUE O PROGRAMA ESPAÑA DIRECTO; NON SE FAGA FÓRA DE TVE

O Foro de Organizacións de Periodistas (FOP), reunido onte en Madrid, apoia ós traballadores de Televisión Española e ás súas organizacións sindicais que se opoñen a que se adxudique a unha empresa privada a produción do programa “España directo”.
13 de xullo de 2005.-Este programa informativo, debería realizarse cos medios propios de TVE, que sen dúbida, ten capacidade técnica e humana suficiente para o producir.

Por outra parte, o feito de que unha empresa pública contrate cunha privada a produción de programas informativos afecta directamente á esencia do que é un Servizo Público: O DEREITO Á INFORMACIÓN.

Por todo iso, o Foro de Organizacións de Periodistas, lamenta que a dirección de TVE tomase a decisión de externalizar ESPAÑA DIRECTO, ó mesmo tempo que se deu a coñecer o proxecto de reforma legal impulsado polo goberno para o Ente Público RTVE e a Axencia de noticias EFE.

Para o FOP, esta e outras actuacións empresariais en nada contribúen á estabilidade e o futuro do emprego e as condicións de traballo en TVE e como consecuencia en todo o sector audiovisual.

O FOP, expresa de novo o seu compromiso cos medios públicos de comunicación e o seu convencemento de que só a través da súa consolidación e desenvolvo se pode garantir o dereito da cidadanía a recibir unha información plural, contrastada e veraz.

O Foro de Organizacións de Periodistas (FOP) compóñeno:

Agrupación de Periodistas de CCOO

Agrupación General de Periodistas de UGT

Col.legi de Periodistes de Catalunya-Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP)

Comments are closed.