Os sindicatos de xornalistas apoian aos traballadores de El Mundo tras o despido de Félix Martínez

O Sindicat de Periodistes de Catalunya, que ao igual que o Sindicato de Xornalistas de Galicia forma parte da Federación de Sindicatos de Periodistas, apoia ás denuncias dos traballadores do Mundo de Catalunya polo despedimento do redactor na cabeza F.M.. Este produciuse o venres 30 de novembro pasado tras un artigo de opinión publicado na edición catalá do diario sobre as celebracións franquistas do 20-N.

A FeSP deplora que nin o mesmo afectado nin o comité de empresa non sexan convocados previamente pola empresa para coñecer a súa versión dos feitos e que non se tiveron en conta os doce anos de servizo que o compañeiro levaba no diario, os últimos dos cales en cargos de responsabilidade desenvolvidos a plena satisfacción pola dirección do rotativo.

Proba diso é que F. M. non fora amoestado nunca oficialmente polo diario. En consecuencia, o SPC cre que o único motivo que hai para esta decisión son as presións políticas que os sectores ultras fixeron sobre o director do diario, ao que forzaron a un despedimento inxusto e fóra de toda medida.

O Sindicato ponse a disposición dos traballadores do Mundo de Catalunya e do compañeiro F. M. para impulsar as accións que crean necesarias en defensa do bo nome do compañeiro e dunha resolución xusta do conflito.

Comments are closed.