O SXG condena o apedramento de Cope Vigo

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) condena rotundamente o apedramento da emisora da Cadea Cope en Vigo. O Sindicato transmite publicamente a súa solidariedade aos traballadores desta radio ante este inxustificábel atentado, que sucedeu onte xoves en torno as 20 horas.

En opinión do SXG ningún tipo de discrepancia coa liña editorial dun medio pode servir de escusa para o emprego da violencia contra os traballadores ou instalacións dunha empresa.

As autoridades teñen que intervir

O Sindicato reafirma o seu compromiso de defender a liberdade de expresión de todos os profesionais da comunicación. Por iso o SXG solicita á Delegación do Goberno que tome as medidas necesarias para que os responsábeis do apedramento respondan das súas accións ante a lei.

Incidentes deste tipo non deben quedar impunes, pois supoñen unha ameaza seria a liberdade de expresión e a integridade física dos traballadores.

Comments are closed.