As empresas de comunicación recibiron 6,6 millóns da Xunta en convenios en dous anos

O SXG INSISTE EN QUE NON SE SUBVENCIONE FIRMAS QUE FOMENTAN A PRECARIEDADE LABORAL

O confidencial explica que estas subvencións son concedidas "a dedo", sen que haxa unha convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia.

Tamén salienta que "a ninguén se lle escapa que o actual enorme volume de subvencións inflúe na autonomía que algunhas empresas confiren aos seus xornalistas para cumprir o seu traballo, informar obxectivamente aos cidadáns. Trátase, ademais, de empresas que en moitos casos ofrecen condicións laborais ínfimas aos seus traballadores".

O Sindicato de Xornalistas de Galicia ten pedido reiteradamente que estas axudas públicas estean condicionadas a loita contra a precariedade laboral, habitual nas empresas da comunicación, e ao uso real da lingua da Comunidade.

Comments are closed.