Búscanse fotos para o Calendario SXG 2007

O Sindicato de Xornalistas de Galicia vai publicar un novo calendario, despois da boa aceptación da edición de 2007.

Para tal fin, estamos a recoller fotografías entre os nosos afiliados e colegas de profesión.

    Os únicos requisitos son:

  • A foto debe ser sobre un feito informativo deste ano.
  • O arquivo (formato jpeg) non debe superar os 420kb.
  • Cómpre o nome do autor, medio no que traballa e pé de foto.

A Executiva do SXG seleccionará doce imaxes entre aquelas que se remitan antes do 15 de novembro a este correo electrónico ( sindicatoxornalistas_arroba_gmail.com) e a José Lores (j.lores_arroba_ya.com).

Unha vez producido, o calendario será repartido de xeito gratuíto entre os nosos afiliados e aqueles xornalistas que o soliciten.

Comments are closed.