Os xornalistas de toda Europa mobilízanse o 5 de novembro

A Federación Europea de Xornalistas (FEP) -sección da FIP no continente- fixo un chamamento para que o próximo 5 de novembro sexa un día de acción de defensa dos dereitos dos xornalistas.

A convocatoria pretende ser unha protesta contra a «crise dramática que sofren os xornalistas debido á excesiva comercialización, a presión política que están facendo máis precarias e empobrecendo as condicións de traballo en toda Europa». A acción tamén pretende recordar o papel crucial dos sindicatos europeos de xornalistas na promoción da calidade da información.

A xornada consistirá en accións de protesta, manifestacións, accións sociais como concertos, pequenos paros nos postos de traballo e ata accións lúdicas en favor da liberdade de expresión.

A iniciativa débese desenvolver tanto a nivel estatal como local, co obxectivo de impulsar a afiliación e o traballo de reivindicación de salarios decentes e dereitos laborais, campañas para a calidade, a independencia e a ética do xornalismo, pola solidariedade internacional contra os asasinatos de xornalistas. Na páxina web da Federación Internacional de Xornalistas pódese ampliar a información sobre esta xornada de loita.

Comments are closed.