Cacharela de San Xoán en Santiago o sábado 23!

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) vai organizar unha cacharela de San Xoán o vindeiro sábado, 23 de xuño. A cita será no parque de Belvís, moi preto da zona vella de Santiago de Compostela, a partir das 22:30 horas.

O SXG invita a participar a todos os interesados, especialmente aos compañeiros da profesión, sexan afiliados ou non. Haberá sardiñas de balde e bebidas a prezos populares.

O Sindicato quere aproveitar o encontro para -ademais de celebrar esta festividade- ter a oportunidade de falar nun ambiente distendido sobre as vías para mellorar as condicións laborais no sector da comunicación en Galicia.

Predición meteorolóxica
Por último, cómpre destacar que as previsións meteorolóxicas actuais indican que o bo tempo acompañará á noite máis curta do ano, pois, segundo Meteogalicia, existe un 80% de posibilidades que non chova o sábado, cunhas temperaturas mínimas ao redor dos 17 graos.

Comments are closed.