Resolución xeral da V Convención de Xornalistas de España

Os xornalistas defenden o seu papel como mediadores

Non son poucos os intentos de proceder á depreciación deste oficio, impedindo, por exemplo, que o Estatuto do Xornalista Profesional adquira rango de Lei no Congreso dos Deputados.

A función constitucional de informar

A máis universal das manifestacións de dereitos, a Declaración Universal de Dereitos Humanos da ONU, comunicado no seu artigo 19 que: "Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o non ser molestado por causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de as difundir, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión".

Desde presentacións ideolóxicas diversas, instaladas no pensamento liberal e conservador, insístese en defender a autorregulación profesional como alternativa á regulación legal de dereitos e deberes dos xornalistas. Unha posición allea ó texto constitucional que impón un determinado desenvolvemento normativo do seu artigo 20, precisamente no ámbito que afecta ós profesionais da información e ós medios de comunicación.

Un Artigo 20 que recoñece e protexe os dereitos: "a expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución; á produción e creación literaria, artística, científica e técnica; á liberdade de cátedra; a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ó segredo profesional no exercicio destas liberdades.

O exercicio destes dereitos, di o artigo 20, non pode restrinxirse mediante ningún tipo de censura previa.

A lei debe regular por mandato constitucional a organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente público e garantirá o acceso a ditos medios dos grupos sociais e políticos significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de España.

Estas liberdades teñen o seu límite no respecto ós dereitos recoñecidos neste Título, nos preceptos das leis que o desenvolvan e, especialmente, no dereito á honra, á intimidade, á propia imaxe e á protección da mocidade e da infancia.

Só poderá acordarse o secuestro de publicacións, gravacións e outros medios de información en virtude de resolución xudicial".

Como apuntamos, neste artigo hai normas directamente aplicables e outras que requiren o seu desenvolvemento lexislativo. Case trinta anos despois de aprobada a Constitución, o FOP trasladou ós grupos parlamentarios a necesidade de lexislar o Estatuto do Xornalista Profesional; IU/ICV, asumindo a práctica totalidade da proposta do Foro, someteuno á aprobación do Congreso dos Deputados e por maioría tomouse en consideración a iniciativa. A forte presión dos grupos de comunicación sobre os grupos parlamentarios rematou facendo mella nos dous grupos maioritarios, o conservador e o socialista. Nun caso, pola súa escasa complicidade coas demandas dos xornalistas e a súa maniquea concepción da democracia; noutro, pola falta de coraxe política que lle leva a inclinarse ante as presións dos poderosos da información. Esta realidade e os poucos meses que restan de período lexislativo lévannos ó convencemento de que o EPP non se aprobará nesta lexislatura.

Para o FOP é un obxectivo irrenunciable a aprobación desta Lei que garanta o dereito á información da cidadanía.

Os xornalistas, intermediarios necesarios

Procesar información, é certo, xa non será unha función exclusiva dos medios de comunicación e dos xornalistas.

Ó tempo que se tecnifican os procedementos comunicativos, tamén se multiplican os operadores, facendo que a actividade de procesar información condicione a efectividade de todos os procesos de produción, xestión, distribución e consumo.

Todos os produtores de información cos que compiten medios e xornalistas operan sen restricións, aproveitando o poder instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación, lexitimándose na progresiva desideologización dos procesos sociais.

Por paradoxal que pareza, a chegada da sociedade da información, que multiplica canles e difunde simultánea e ininterrompidamente información, fixo que o xornalista vise alterada a súa función profesional.

Segue recoñecéndose o seu papel de actor social, pero está a perder a representación da que sempre gozou, como tamén está a perder presencia e capacidade de influencia en beneficio da empresa, que realza cada vez máis o papel institucional e decisivo do editor.

A clave está en revalorizar o xornalismo como profesión. Nos vellos e nos novos medios. O que equivale a retomar o papel político do xornalismo, contrariando o discurso técnico das modernas empresas de comunicación (e o dos editores/propietarios) que avogan obsesivamente pola neutralidade aparente, sen referentes éticos.

Imponse, pois, o retorno ó ideal de profesión xornalística, que non se podería entender sen un compromiso público do xornalista. Sempre con criterios éticos, que é no que fundamentalmente ha de se diferenciar de cantos entran a competir con el mentres que produtor de contidos.

Elementos que atentan contra a mediación do xornalismo

Fai xa 14 anos a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa entendeu que a información ‘constitúe un dereito fundamental recoñecido como tal polo Convenio europeo dos dereitos humanos e as Constitucións democráticas, cuxo suxeito ou titular son os cidadáns, a quen corresponde o dereito de esixir que a información que se dá desde o xornalismo se realice con veracidade nas noticias e honestidade nas opinións sen inxerencias exteriores, tanto dos poderes públicos como dos sectores privados’.

A independencia dos xornalistas constitúe, neste sentido, a garantía básica da pluralidade informativa, fronte a quen viñeron glosando que dita pluralidade derivaba da pluralidade de medios.

Contra a independencia dos xornalistas actúa, porén, un complexo tramado de poderes públicos e privados mediante unha progresiva depreciación das condicións laborais e profesionais dos informadores ou, o que é o mesmo, incentivando a precariedade.

Un amplo colectivo dos xornalistas carecen de contrato que os vincule laboralmente á empresa; outros están suxeitos a fórmulas contractuais arbitrariamente xestionadas pola empresa na entrada, estanza e saída do posto de traballo. Non menos do 33% dos nosos informadores se encontran en situación de precariedade laboral.

As organizacións que integran o Foro proporán na negociación colectiva a regulación das prácticas dos estudantes nas empresas, orientada ó cumprimento do seu ciclo formativo.

Da mesma maneira, os convenios colectivos han de avanzar na aprobación de cláusulas que impidan o abuso empresarial na utilización de fórmulas contractuais irregulares, xornadas interminables e salarios raquíticos cos titulados que acceden por primeira vez ó mercado de traballo.

Unha gran parte da oferta de emprego concéntrase actualmente nos gabinetes de comunicación, que inciden de forma directa nas rutinas informativas dos medios. Neste terreo é necesario impulsar un Manual de Boas Prácticas para uso dos gabinetes de comunicación de maneira que no seu quefacer estea sempre presente o código deontolóxico da profesión xornalística e de forma específica que queden claras as fronteiras entre a información e a propaganda.

Segundo se apunta no informe "A natureza cambiante do traballo: unha enquisa global e un caso sobre o traballo atípico na industria dos medios", elaborado pola FIP para a OIT, o mercado laboral dos medios de comunicación e a natureza dos empregos encóntrase en plena involución. O emprego é cada vez máis precario, menos seguro e de maior intensidade.

Todos os analistas coinciden en que os medios de comunicación viven un proceso de concentración e ó mesmo tempo de globalización. Este feito pode facilitar que máis persoas en máis lugares do mundo estean máis e mellor informadas, pero tamén unha ameaza para a pluralidade, a diversidade e o digno exercicio da profesión xornalística, se o movemento sindical non é capaz, á súa vez de estender as súas redes de protección por todo o planeta.

Por outro lado, habemos de estar atentos á depreciación da función profesional como consecuencia da renovación tecnolóxica, especialmente o desenvolvemento dixital, que se traduce, de feito, en burdas políticas de redución de custos laborais por parte duns editores incapaces de analizar con rigor a crise estrutural das súas empresas.

Por todo iso, resulta imprescindible que os lexisladores españois asuman a responsabilidade, como lexítimos representantes da cidadanía, de regular as condicións laborais e profesionais dos xornalistas (é oportuno lembrar o compromiso adquirido polo presidente do goberno na dirección antes citada, pouco tempo antes de gañar as eleccións de 2004), se queremos pór freo a tanto atropelo empresarial no ámbito da comunicación. Será o Goberno e o grupo parlamentario que lle sustenta o que deba asumir a principal responsabilidade do máis que probable adiamento lexislativo do EPP.

Presente e futuro da radio televisión pública

A 4ª Convención de Xornalistas de España, celebrada no 2005 en Xixón, na súa resolución final citaba o Protocolo 27 do Tratado polo que se establecía unha Constitución Europea: "o sistema de radiodifusión pública dos Estados membros está directamente relacionado coas necesidades democráticas, sociais e culturais de cada sociedade e coa necesidade de preservar o pluralismo dos medios de comunicación".

A aprobación o 11 de maio de 2006 da Lei da Radio e a Televisión de Titularidade Estatal polo Parlamento, co único voto en contra do Partido Popular, supón un importante avance na regulación do servizo público audiovisual. Non obstante, persisten dúbidas razoables sobre o futuro deste sector.

O progresivo estrago que coñeceu RTVE a mans duns e outros gobernos; a crecente privatización da súa actividade e programas; a indefinición do seu modelo de xestión e financiamento; e a sostida utilización política por parte do executivo de quenda asestaron un duro golpe ó potencial da RTVE.

Pero algo comezou a moverse na televisión pública. Os cambios operados nos últimos meses poden axudar a recuperar un medio público de gran transcendencia para a democracia informativa, sempre que as organizacións sociais, culturais e políticas defendan activamente a independencia, o pluralismo e o servizo público como sinais de identidade de RTVE. Cambios que deberían ir acompañados da constitución do Consello Audiovisual, independente e con natureza xurídica propia, para velar polo dereito dos cidadáns a unha información veraz.

A reforma emprendida por RTVE ten que trasladarse con urxencia ás televisións públicas das Comunidades Autónomas, nun impulso democratizador que ha de contar con maioría cualificada nos parlamentos.

Por todo iso, a 5ª Convención de Xornalistas de Lugo, insta ó Foro de Organizacións de Xornalistas a:

Emprender unha campaña de sensibilización sobre o dereito á información dirixida ó conxunto da sociedade e ás organizacións cidadás.

No mesmo empeño, a Convención insta ó FOP para que prepare e organice a mobilización dos traballadores dos medios de comunicación, tanto no ámbito das empresas como no académico e no político, en defensa do EPP. O obxectivo é manter unha presión sostida que permita a súa aprobación nesta ou na seguinte a lexislatura.

Muller, Xornalismo e igualdade

A situación laboral da muller xornalista será estudada en profundidade na próxima convención de xornalistas de España.

Comments are closed.