O SXG reclama que os alumnos en prácticas non cubran a labor dos profesionais

O SXG e a Universidade de Santiago dialogan para evitar que se abuse dos estudantes como man de obra precaria nas prácticas de verán

1 de xullo.- As prácticas dos estudantes de xornalismo nas empresas deben formar ós alumnos e nunca ser unha vía para remplazar o traballo dun profesional. Este é un dos puntos nos que se mostraron dacordo o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e a Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago (USC) nunha xuntanza mantida o mércores. Sindicato e Facultade coinciden en que os medios e os alumnos deben cumplir estrictamente as condicións estipuladas nos convenios asinados entre a USC e as empresas.

Uns 150 alumnos da Facultade de Xornalismo, aproximadamente, comezan mañá, día 1, un novo periodo de prácticas de verán.

O SXG, solicitou, entre outras medidas, que a Universidade controle o número de horas que realizan os alumnos para que o seu traballo non sirva para cubrir a labor da plantilla. A organización tamén pediu a revisión dos convenios para mellorar as condicións das prácticas.

Como novidade nesta convocatoria, Castelló informou ó SXG que a Facultade puxo en marcha unha oficina virtual para recibir as queixas e dúbidas, a través de email, de compañías e estudantes.

O Sindicato e a USC coincidiron na necesidade de centralizar as convocatorias de prácticas no sector da comunicación en Galicia nun único ente. Deste xeito lograríase fixar unhas condicións mínimas iguais para os alumnos de tódalas facultades, evitando, asemade, a competencia entre centros. A gran oferta de prácticas en condicións moi precarias das diferentes facultades e escolas é un dos factores do aumento da precarización da profesión de xornalista en Galicia nos últimos anos.

A Universidade e o SXG mostráronse dacordo na creacción unha mesa – da que tamén formarían parte alumnos, empresas e outras asociación do sector da comunicación- para regular a nivel galego estas estadías formativas.

O Sindicato anima ó resto de axentes implicados a sumarse a este diálogo para rematar co abuso dos estudantes como man de obra precaria no sector da comunicación en Galicia.

Por iso, anuncia a súa intención de manter xuntanzas cos responsables das prácticas nas universidades de Vigo e A Coruña, co Consello Social da Universidade, coas empresas, outras organizacións profesionais e os alumnos para tentar crear unha mesa de negociación. O obxectivo final do SXG é consensuar un Estatuto do Estudante en Prácticas que sexa de obrigado cumplimento por universidades, empresas e estudantes.

O Sindicato e a USC acordaron o mércores ter unha nova xuntanza en setembro para revisar o desenvolvemento das prácticas este verán. O SXG valora positivamente esta primeira toma de contacto coa Universidade.

Comments are closed.