As xornalistas galegas cobran menos cos seus compañeiros de profesión

Na véspera do Día da Muller Traballadora, o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia que o salario das mulleres que traballan no sector da comunicación da Comunidade é inferior ao dos seus compañeiros homes. Así o corroboran os soldos das empresas e os datos do SXG sobre os seus membros, pois a porcentaxe de mulleres que cobra cobra máis 1.100 euros por mes é dúas veces inferior ca dos homes.

Discriminación de xénero

Isto indica, en opinión do SXG, que as mulleres seguen a atopar moitas dificultades para alcanzar postos directivos na industria da comunicación. E isto sucede a pesar de que a maioría de traballadores do sector son mulleres, como tamén son mulleres a maioría das alumnas das facultades de comunicación. Abonda con revisar o manchete dos xornais galegos para comprobar ata que punto existe discriminación de xénero na profesión.

Ante esta discriminación, o Sindicato reclama tamén ás empresas e ás administracións que tomen as medidas necesarias para acabar coa desigualdade salarial por razóns de xénero. Ademais, o SXG reafirma o seu compromiso para loitar contra a precariedade laboral no sector da comunicación, lacra que afecta tanto a homes como mulleres.

Comments are closed.