Os xornalistas cataláns protestan polos límites de acceso aos xulgados

O SPC AFIRMA QUE A NORMA PROHÍBE TOMAR FOTOGRAFÍAS

Para o Sindicato, este protocolo "restrinxe gravemente o labor dos profesionais da información".

O Sindicato afirma que a norma prohíbe tomar imaxes ou fotografías, non só nas Salas de Vista senón nos corredores, o que deixaría en mans dun só medio "institucional", segundo se desprende do texto do TSJC, prover ós demais de ditas imaxes, algo que "afectaría ó conxunto da cidadanía, que verá mutilada a información que recibe", apunta o comunicado.

Por todo isto, o Sindicato "dá pleno apoio á esixencia formulada polos profesionais que se ocupan da información ós tribunal", que piden que o protocolo sexa retirado.

Na nota que o SPC enviou ós medios para denunciar esta situación sinálase que "os tribunais non teñen que decidir que han de publicar ou emitir os medios".

Segundo o sindicato, a tensión "entre o dereito á información e o dereito á intimidade" que existe na información xudicial non causou ningún conflito grave, polo que se insta ó TSJC que a prohibición sexa aplicada unicamente para "casos excepcionais" e non facer unha norma, como resolveu o TSJC.

Desta forma, o TSJC non debería avanzarse ó Estatuto do Xornalista Profesional, actualmente en trámite parlamentario, que precisamente ha de dar resposta a este tipo de conflitos, entre outros.

Comments are closed.