A FeSP e o SXG condenan o pinchazo do teléfono dun xornalista vasco

A Consellería de Interior do goberno vasco, coa sorprendente autorización dunha xuíz, investigou as chamadas telefónicas que recibira durante once días un xornalista do diario O Correo para pescudar que axente da Policía Autónoma facilitoulle unha información. A Xunta Executiva da Federación de Sindicatos de Xornalistas, da que forma parte o SXG, rexeita e condena esta intromisión no dereito constitucional que teñen os xornalistas a informar á cidadanía, que tamén supón un claro atentado contra o segredo profesional do xornalista.

Fai un mes, a Xustiza de Andorra permitiu á Policía do Principado intervir o teléfono móbil dun redactor do Diari de Andorra para intentar pescudar quen lle facilitaba información desde os xulgados ou a Fiscalía.

En ambos os casos trátase dun claro atentado aos dereitos dos xornalistas a solicitar información e da cidadanía a recibila.

O Correo publicou que un presunto colaborador de ETA fora avisado de que ía ser detido pola Ertzaintza, tres días antes de levar a cabo esa operación policial. No caso de que existise un delito de revelación de segredo -cousa que non sucedeu, porque o caso foi arquivado por outro xuíz- cometeuno un axente da Ertzaintza e nunca o informador, que se limitou a solicitar información veraz a través das súas fontes para transmitila.

A FeSP condena estas prácticas e lamenta que o Goberno vasco non teña inconveniente en intentar coñecer as fontes dun xornalista para investigar un asunto interno.

Comments are closed.