O SXG loitará para rematar coa precariedade laboral e a regularización da contratación na CRTVG

O Sindicato de Xornalistas de Galicia loitará para rematar coa precariedade laboral da CRTVG, que afecta a máis da metade dos seus traballadores, e para regularizar a contratación laboral, tanto na sede do ente público en San Marcos como nas distintas delegacións.

Logo da xuntanza que o pasado fin de semana mantivo a Executiva e o Consello Directivo do SXG, este órgano quere facer pública a súa oposición sobre as eleccións sindicais que se producirán na CRTVG mañán e ás que o Sindicato de Xornalistas non se presenterá finalmente, a pesar de ter traballado na elaboración dunha candidatura.

O SXG, tal e como manifestou en numerosas ocasións, traballará para converter á CRTVG nun verdeiro medio de comunicación público, tanto na situación laboral dos seus traballadores coma na difusiónduns contidos veraces, obxectivos e apolíticos.

Por iso, solicita a regulación da contratación laboral do persoal contratado mediante un concurso oposición excepcional, pola situación que dende moitos anos arrastra esta empresa pública, perolibre para calquiera profesional da comunicación que se queira presentar as probas.

Deste xeito, o Sindicato de Xornalistas defende un modelo no que se valore a antigüidade dos actuais traballadores no seu posto de traballo, pero coa necesaria elaboración dunha proba eliminatoria. Ademáis, aposta pola elaboración dun exame de coñecemento do galego que sexa avaliado por lingüistas. Este modelo foille xa presentado no pasado mes de xaneiro á Asociación de Contratados da CRTVG.

Ademáis, o SXG loitará para regularizar a situación dos numerosos profesionais que realizan o seu traballo, de xeito encuberto, nas distintas delegacións do Ente Público. O SXG ten manifestado en reiteradas ocasións o seu apoio a estes traballadores que teñen denunciado á dirección da CRTVG pola súa situación laboral e aos que a Xustiza lles está a dar a razón.

Por outra banda, este sindicato promoverá iniciativas para acadar melloras salariais e recuperar o poder adquisitivo dos traballadores, conxelado dende os últimos anos. Asemade, amosarase moi vixiante ante a situación dos alumnos en prácticas, para que non sexan utilizados como traballadores encubertos ou explotados laboralmente.

Para evitar este tipo de situacións, o SXG denunciará aquelas prácticas que vulneren os dereitos dos estudantes e esixirá que non sexan contratados en periodos vacacionais, a excepción do vran, e que dispoñan dun titor que supervise, en todo momento, o seu traballlo. Ademáis, velará para que non se produzan acumulacións de prácticas a través dos distintos tipos de contratos desregularizados que existen ao respecto (bolsas das facultades, bolsas Feuga, bolsas do Consello Social ou bolsas da propia empresa).
Aínda que o SXG non conseguiu artellar unha candidatura para presentarse a estas eleccións, anuncia que, no futuro, abrirá unha sección sindical na CRTVG dende a que participará nas reunións do Comité de Empresa, a pesar de non ter voto. De todo elo dará cumprida información aos traballadores do ente público cos que consultará as decisións a adoptar.

O Sindicato de Xornalistas quere agradecer as ganas e a ilusión dalgúns dos traballadores do SXG que, durante os últimos meses, estiveron traballando e negociando co persoal fixo, pero sobre todo cos contratados, da TVG e da RG para formar unha listaxe que, definitivamente, non se puido constituir. En todo caso, anima a estes compañeiros e a todos aqueles que se queiran sumar ao noso proxecto a loitar polos dereitos de todos os traballadores da CRTVG

Comments are closed.