Subvencións para proxectos xornalísticos destinados a emigrantes

PARA INTERNET, RADIO E TELEVISIÓN

Segundo informa o portal da Estratexia Galega da Sociedade da Información "o prazo para presentar as solicitudes é de 40 días a partir da data de publicación da Resolución do 12 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e regulan as subvencións para a realización de actividades informativas destinadas ás colectividades e emigrantes galegos no exterior"

Esta iniciativa busca un mellor coñecemento da realidade do noso país entre as colectividades e emigrantes galegos no exterior.

Comments are closed.