Corenta traballadores de TVE fan media hora de programación ao día

O COMITÉ DE EMPRESA DENUNCIA O DESAPROVEITAMENTO DO CADRO DE PERSOAL

Segundo informa o xornal Vieiros , Xosé Sabel, presidente do Comité de Empresa do ente no país, asegura que "antes estabamos 70 persoas para facer dúas horas de programación diaria, e agora con 40 traballadores só se produce a media hora do telexornal".

O presidente do Comite reclama que se lle saque partido a esta forza de traballo, co fin de evitar máis reduccións no cadro do persoal, como a sucedida co Expediente de Regulación de Emprego (ERE) do ano pasado. A media hora diaria é todo o que queda da programación en galego en RTVE.

Comments are closed.