A Mesa pola Normalización busca un xornalista

CON COÑECEMENTO DE IDIOMAS

As condicións da oferta pódense consultar na web da Mesa. A " formación en xornalismo electrónico", o "coñecemento de inglés e/ou francés", o "dominio do estándar portugués e/ou brasileiro" e a "experiencia en posto semellante" son algún dos méritos que se valorarán por parte desta institución.

Entre os requisitos para o posto está a licenciatura en xornalismo e o dominio do idioma galego, oral e escrito. Ademais, a Mesa pide "compromiso co idioma", "disposición para o traballo en equipo" e busca a unha "persoa resolutiva".

Comments are closed.