Primeria Xornada de Formación Sindical para Xornalistas

Informadores cataláns, andaluces e galegos participan na xornada sobre dereitos laborais dos traballadores da comunicación que organiza o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) o próximo sábado 16 de decembro. Baixo o título “Xornada de formación sindical: dereitos laborais básicos dos xornalistas e estratexias de negociación" o evento celebrarase no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela.

O programa do curso é o seguinte:

10.30 horas. Mesa Redonda. A experiencia sindical no mundo da comunicación.
INTERVEÑEN:
Angueira&Arnoso (Despacho de Avogados do SXG).
Amaya del Olmo (Comité de Empresa do Faro de Vigo).
Fabián Nevado. Secretario de Acción Sindical do Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC).
Guillermo Polo. Responsable de Acción sindical do Sindicato de Periodistas de Andalucía (SPA) e da FESP e membro do comité da Radio Televisión Andaluza.

12.00 horas. Descanso

12.30 horas. Continúa a Mesa Redonda coa intervención do público asistente. Como presentar e cubrir a documentación necesaria en procesos sindicais.

14.00-16.00. Xantar.

16.00-18.00. Exposición práctica dunha negociación sindical. Principais problemas entre empresario e comité.

A Xornada conta co apoio da Consellería de Traballo e a colaboración do Club Internacional de Prensa (CIP), situado na Avda. da Coruña, 6, Baixo.

Comments are closed.