Convocada unha praza para o Gabinete de Comunicación do Intecmar

As bases da convocatoria poden descargarse na súa páxina web.

Os aspirantes deben posuir a Licenciatura en Ciencias da Información ou Ciencias da Comunicación, na rama xornalismo.

Trátase dunha praza de persoal funcionario do Grupo I. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días a partir da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Durante todo o proceso de selección, a presentación das solicitudes realizarase na seguinte dirección: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Peirao de Vilaxoán, s/n 36611 Vilagarcía de Arousa. Horario: de 9 a 14 horas (de luns a venres). Teléfono: 986 – 512320, así como nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das 3 administracións públicas e do procedemento administrativo común. A comisión de selección que se describe no punto 4.3 utilizará o taboleiro de anuncios da dirección antes indicada para a publicación dos listados e todas aquelas comunicacións que sexa preciso facer públicas de acordo co establecido na presente convocatoria.

Comments are closed.