Traballo autoriza o ERE de RTVE nos termos pactados cos sindicatos

Prexubilacións a partir dos anos

"O acordo dá solución, segundo os negociadores, á situación do Ente Público RTVE e as súas sociedades TVE e RNE, e fai posible a constitución da Corporación RTVE, conforme ó establecido na Lei de Radio e Televisión Pública de titularidade estatal, aprobada o 5 de xuño" pasado, segundo comunicou o Ministerio.

No texto -continúa- acórdanse medidas de desvinculación, con condicións económicas pactadas, que toman como referencia a idade de 52 anos; inclúe un Proxecto de Emprego, que adapta o cadro do Ente Público ás esixidas pola futura Corporación RTVE; fixa criterios para a conversión de emprego temporal en estable e recolle unha nova estrutura de categorías profesionais e escalas salariais.

Con carácter previo ó ERE -12 de xullo- "alcanzárase un "Acordo para a constitución da Corporación RTVE", entre dito Ente e as representacións sindicais, que definía a estrutura do cadro da Corporación, tanto dos servizos centralizados como da estrutura dos Centros Territoriais".

O mesmo establecía un cadro obxectivo de futuro para a Corporación RTVE: 5.900 traballadores fixos e ata 500 temporais e o excedente actual do cadro do Grupo RTVE: 4.150 traballadores, lembra o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Segundo os asinantes do acordo, conclúe, este número representa as necesidades de adecuar cuantitativamente o cadro á dimensión derivada do novo modelo, permite accións de adecuación interna, doadiña a xeración suficiente de novo emprego e rexuvenecemento de cadro e permite xerar un sistema para a incorporación de persoal con relación laboral temporal".

15/11/2006

Comments are closed.