Os afiliados do SXG gozan dun desconto termporal en seguro do automóbil e do fogar a través de Regal

A aseguradora Regal ofrece un dez por cento de desconto e ventaxas complementarias nas contratacións de seguros de automóbil e fogar para os afiliados da Federación de Sindicatos de Xornalistas, FeSP, da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia. Cómpre destacar que é unha oferta temporal.

A oferta consiste en ata un sete por cento de desconto adicional no seguro de automóbil (ademais do desconto colectivo), se a poliza é contratada a Regal auto a través de Internet entre o día 6 de novembro e o 15 de decembro.

Para acceder á oferta o código do colectivo é o 2215. As condicións e vantaxes especiais poden consultarse na sección adicada á FeSP da páxina de Regal.

Para consulta telefónica está o teléfono 902 30 30 30 (de 8 a 22 horas). Tamén se pode solicitar información ó correo electrónico correo@regal.es

Comments are closed.