Grave ataque do Goberno aos dereitos e liberdades cidadás

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) rexeita nun comunicado as ‘Leis Mordaza’ aprobadas soamente cos votos do PP e coa oposición dos demáis partidos, colectivos cidadáns e organismos internacionais.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) considera que a aprobación definitiva polo Congreso do conxunto de reformas lexislativas coñecidas como Leis Mordaza é un grave atentado contra o conxunto de liberdades civís que definen e caracterizan unha sociedade democrática. O Partido Popular culminou así a súa política involucionista perpetrando unha auténtica atrocidade democrática.

A FeSP xa pediu en decembro de 2014 a dimisión do ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, por empecinarse en tramitar a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Ciudadá a pesar do rexeitamento xeralizado manifestado por todos os partidos políticos da oposición, colectivos ciudadáns do máis variado signo, organizacións internacionais e incluso o Defensor del Pueblo. Esa e as demais leis aprobadas agora son responsabilidade no só de el senón de todo o Goberno, co presidente Mariano Rajoy á cabeza.

A Lei Orgánica de Protección da Seguridade Ciudadá e a reforma do Código Penal provocaron as protestas non só da FeSP senón de organizacións tan variadas como Amnistía Internacional, Colegio de Abogados de Madrid, Reporteros sin Fronteras, Greenpeace, SOS Racismo, a plataforma No Somos Delito, Jueces para la Democracia, Ecologistas en Acción, Red Internacional de Abogados Eureka e a Federación Europea de Periodistas (FEP), entre outras.

O grande incremento do número de faltas relacionadas cos dereitos á liberdade de expresión e de manifestación que establece a Lei de Seguridade Ciudadá permite concluír que, con esta norma, o Goberno e o PP pretenden limitar e reprimir tanto o dereito da cidadanía a protestar nas rúas como o dos xornalistas e fotógrafos a difundir esas protestas, en cumprimiento da súa obriga profesional.

A Xunta Executiva Federal da FeSP considera que estas reformas son incompatibles cun estado realmente democrático. Os ciudadáns van a ter pronto na súa man a posibilidade de facer cambiar a actual situación de maioría absoluta no Parlamento para que, con outro reparto de escanos, estas leis sexan derogadas na próxima lexislatura como se teñen comprometido os partidos da oposición.

Grave ataque del Gobierno a los derechos y libertades ciudadanas.


Comments are closed.