A ‘Lei Mordaza’ debe ir ao lixo

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) rexeita coa máxima contundencia a detención do xornalista Jaime Alekos mentres cubría un desafuizamento en Madrid o pasado 27 de febreiro e a citación a xuízo da reporteira Alicia Armesto, acusada de «vexación inxusta» a un policía por difundir unha fotografía na que o axente ría mentre desaloxaban a outra familia da súa vivenda. Estes feitos confirman, unha vez máis, as críticas de moitas organizacións -incluída a FeSP- a varias reformas lexislativas impulsadas polo Goberno do Partido Popular en cuestións fundamentais nunha sociedade democrática.

O que ocorreu con Alekos, que traballa para Periodismo Humano, e con Armesto, da televisión Tele K, é un anticipo do que poderá xeralizarse se se son aprobadas a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá -coñecida xa como Lei Mordaza- e a reforma do Código Penal.

O pasado 3 de decembro de 2014, a FeSP pediu publicamente a dimisión do ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, polo seu empecinamento «en manter e defender o proxecto de Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, a pesar das críticas xeralizadas de todos os partidos da oposición -que votaron unanimente contra ese texto nos seus primeiros trámites no Congreso- e de numerosos colectivos sociais e cidadás». «O gran incremento que prevé do número de faltas relacionadas cos dereitos á liberdade de expresión e de manifestación permiten concluír que, con esta lei, o ministro e o Goberno pretenden limitar e reprimir tanto o dereito da cidadanía a protestas nas rúas como o dos xornalistas e fotógrafos a difundir esas protestas en cumplimento da súa obriga profesional», engadía o comunicado. O que sucedeu con Jaime Alekos e Alicia Armesto -e tamén noutros casos- amosa que estabamos no certo e que estas leis supoñen unha grave involución democrática.

O director de Periodismo Humano xa denunciou o trato recibido por Alekos, quen permaneceu incomunicado mentres estivo detido, sen poder telefonar á súa familia ou ao traballo. O Goberno debe depurar as responsabilidades que se deriven destas actuacións e destituír ao ministro do Interior.

A FeSP pido ao Goberno e ao Grupo Popular do Senado -cunha Comisión de Interior que vai debater o mércores día 4 o dictame sobre a chamada Lei Mordaza- que retiren este proxecto de lei innecesario e represor. En vez de facer oídos xordos, como ata o de agora, deberían ter en conta as graves acusacións que a ONU realizou respecto a este e outros proxectos lexislativos, para evitar que España se coloque na cola do mundo no respecto aos dereitos e liberdades civís esenciais en democracia.

La ‘Ley Mordaza’ debe ir a la basura.


Comments are closed.