A Ley de Seguridad Ciudadana cercena dereitos fundamentais

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) pide aos grupos parlamentarios que corrixan o proxecto de Ley Orgánica de Protección de la Seguridad Ciudadana, que actualmente tramita o Congreso dos Deputados, porque o seu articulado vulnera dereitos fundamentais dunha sociedade democrática. Respecto ao traballo dos profesionais da información, imprescindible nunha democracia, o proxecto elaborado polo Goberno é un grave menoscabo de dereitos como o de expresión, o de información e o de reunión. Todos eles están protexidos por tratados internacionais que foron asinados polo Estado español, como a Declaración Universal de Dereitos Humanos (artigo 19), o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (artigo 19) e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos (artigo 10). O artigo 36.26 do proxecto de lei sanciona «o uso non autorizado de imaxes ou datos personais ou profesionais de autoridades ou membros das Forzas e Corpos de Seguridade que poidan poñer en perigo a seguridade persoal ou familiar, das instalacións protexidas ou en risco o éxito dunha operación».

A FeSP considera que este artigo parece redactado co obxectivo de obstaculizar o traballo dos xornalistas e fotoxornalistas para que non poidan tomar imaxes de hipotéticos abusos policiais. Coa súa ambigua redacción abre ademáis a porta a decisións arbitrarias por parte duns funcionarios que se convirten de feito en xuíz e parte ao mesmo tempo. Os tribunais teñen recoñecido de xeito habitual como un exercicio da liberdade de expresión que xornalistas ou cidadáns capten imaxes de feitos que suceden na vía pública e que en moitas ocasións permitiron deixar constancia de graves atentados aos dereitos humanos cometidos por algúns axentes da seguridade.

Tamén é moi preocupante a nova tipificación das inxurias ou faltas de respecto aos Corpos e Forzas de Seguridade. Desde o máximo respeto ao dereito ao honor de todas as persoas, é preciso indicar que diversos informes e dictames xurídicos apuntan a que iso podería limitar a liberdade de expresión, dado que a autoridade dos axentes xa está protexida noutras normativas. Unha vez máis, ademais, a ambigüidade do redactado abre a porta á arbitrariedade sobre o que se podería considerar unha falta de respecto ou unha inxuria.

A FeSP rexeita rotundamente a regulación que se fai dos dereitos de reunión e de manifestación porque é un evidente retroceso democrático respecto á lei actualmente en vigor.

A Junta Ejecutiva Federal da FeSP pide aos grupos parlamentarios que atendan estas peticións e outras que teñen formulado organizacións como Amnistía Internacional, que apoiamos plenamente. Consideramos imprescindible que sexan modificados ou eliminados do proxecto de lei os artigos que limitan gravemente os dereitos de expresión, información e reunión, para evitar que España se sitúe á cola do mundo no que se refiere aos dereitos humanos fundamentais nunha sociedade verdadeiramente democrática.

La Ley de Seguridad Ciudadana cercena derechos fundamentales.


Comments are closed.