Comunicado de apoio aos traballadores despedidos no Diario de Pontevedra

A Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunida este sábado en Santiago de Compostela, quere amosar o seu total apoio aos traballadores despedidos esta semana no Diario de Pontevedra, seis traballadores de redacción e unha de administración aos que a empresa lles rescindiu o contrato baseados en motivos económicos, así como a tres bolseiros de redacción. O SXG tamén respalda as reivindicacións dos traballadores e todas as accións que leven a cabo nos vindeiros días, a primeira unha folga de sete días que comezará o vindeiro 5 de novembro.

Ademais dunha continua rebaixa salarial nos últimos á plantilla deste diario pertencente ao Grupo El Progreso, en abril deste mesmo ano aprobouse un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de reducción de xornada do 15%, aceptado co obxectivo de apoiar á empresa na difícil situación económica que está a vivir.

O Comité de Empresa de Lérez Ediciones manterá unha reunión o vindeiro 3 de novembro coa dirección da empresa e o martes 4 de novembro ofrecerán unha rolda de prensa nas dependencias da CIG en Pontevedra (Pasantería, 1) ás 11.30 horas para dar conta da convocatoria da folga, comunicada xa á Consellería de Traballo.

Comments are closed.