Os xornalistas reclaman ao PP que cumpla a súa palabra na LPI

A Plataforma por los Derechos de Autor de los Periodistas lamenta nun comunicado a actitude do Partido Popular e lle pide que acepte enmendar o proxecto para atender as reclamacións dos informadores.

A Plataforma por los Derechos de Autor de los Periodistas lamenta que, unha vez máis, o Partido Popular (PP) rexeitara, agora no Senado, as enmendas da oposición ao proxecto de reforma da Lei de Propiedade Intelectual, pese a que varios dirixentes e membros do Executivo amosaran en público a súa conformidade con algunhas, e non contemple finalmente incluir aos xornalistas e fotorreporteiros como titulares dos dereitos que recoñece aos editores, a percibir unha remuneración polo uso nos agregadores de fragmentos non significativos dos contidos.

Esta Plataforma, integrada pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), o Foro de Organizaciones de Periodistas (FOP) e os Colexios Profesionais de Xornalistas de Andalucía, Castela e León, Murcia, País Vasco e A Rioxa, pide ao PP que rectifique antes do Pleno da Cámara Alta da semana próxima, acepte enmendas transaccionais e inclúa este recoñecemento como autores da noticia que son xornalistas e fotoxornalistas, entendendo que se trata do mesmo dereito «irrenunciable» a unha compensación económica polo uso dos seus contidos por parte dos agregadores que terán os editores unha vez que entre en vigor a lei.

Se o Grupo Popular do Senado non da un xiro ao seu plantexamento, sería de lamentar que elaborara unha lei sen ter en conta o sentir do sector -en xeral de toda a cultura en España-, xa que o texto segue sen ofrecer solucións a temas moi relevantes como a compensación por copia privada, o canon dixital, a piratería, o equilibrio e o respecto aos dereitos de autor e dos usuarios e as percepcións económicas dos traballadore e industrias da cultura no noso país.

Hai que recordar que o recoñecemento dos xornalistas como autores está recollido de xeito explícito na comunicación da Comisión Europea para «Un mercado único para los derechos de propiedad intelectual», do 24 de maio de 2011.

De novo o PP rexeitou coa súa maioría unha das enmendas do PSOE -apoiada por esta Plataforma, cunhas reivindicacións que contan co respaldo da Federación Internacional de Periodistas (FIP) e da Federación Europea de Periodistas (FEP), organizacións que solicitaron que a lei recoñeza este dereito dos xornalistas e fotógrafos- e esqueceuse dos profesionais dun sector moi gravemente debilitado polo desemprego e a precariedade no traballo, con remuneracións ás veces ata humillantes. Aínda lle queda tempo ao Grupo Popular para poder rectificar.

La FeSP urge regularizar por ley el trabajo de los periodistas a la pieza.


Comments are closed.