FeSP e ReMC denuncian retrocesos na liberdade de expresión

A Federación de Sindicatos de Periodistas e a Red de Medios Comunitarios recollen nun informe o incremento de agresións a xornalistas nas manifestacións e o incumprimento polo Goberno da lexislación audiovisual.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) e a Red de Medios Comunitarios (ReMC) elaboraron un informe sobre a liberdade de expresión en España, no que constatan con casos concretos o retroceso que se está a vivir nesta materia.

Este informe foi enviado a distintas organizacións internacionais e españolas, así como a todos os grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados e á institución do Defensor del Pueblo.

A FeSP e a ReMC denuncian o incremento de agresións a xornalistas e fotoxornalistas por parte dalgúns axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e de policías autonómicos cando realizan o seu traballo en manifestacións e protestas públicas. Estas agresións e obstáculos no desenvolvemento da súa tarefa as padecen sobre todo os freelances e os colaboradores de publicacións modestas e emisoras comunitarias, de xeito especial cando rexistran as detencións de manifestantes ou as cargas dos axentes contra eles.

No informe tamén denuncian que o Goberno central e os de varias comunidades autónomas incumplen a Ley General de Comunicación Audiovisual e non responden ou denegan as solicitudes de licenzas para emisoras de radio e televisión comunitarias sen ánimo de lucro.

A FeSP e a ReMC recordan que, pese aos catro anos transcorridos desde a aprobación desa lei, o Goberno central aínda non aprobou as disposicións que prevé dita norma respecto das emisoras comunitarias, o que é empregado por algunhas comunidades autónomas como excusa para negar as solicitudes de licenzas.

O retroceso na liberdade de expresión e o incremento dos obstáculos policiais ao traballo dos profesionais dos medios de comunicación foi denunciado en distintas ocasións non só pola FeSP e a ReMC, senón tamén por outras organizacións profesionais e incluso pola representante sobre liberdade de medios da Organización para la Seguridad y Cooperación Europea (OSCE), Dunia Mijatovic. Esta organización, nunha das súas recomendacións, recordou aos Estados membros que os ataques contra xornalistas deben ser tratados como ataques directos á liberdade de expresión, polo que é imprescindible que se poñan os medios para que aqueles que exercen o xornalismo poidan desempeñar o seu traballo con seguridade.

Respecto ao incumplimento da lexislación audiovisual, a titular da institución do Defensor del Pueblo, Soledad Becerril, estudiou a situación e, a finais de 2012, enviou un recordatorio á Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e á Sociedad de la Información (Ministerio de Industria, Energía y Turismo) sobre a obligación que teñen de desenvolver reglamentariamente a citada lei, sen que o teñan feito.

Como consecuencia dese incumplimento da lei por parte do Goberno central e os de varias autonomías, que non conceden as licenzas, numerosas emisoras comunitarias de radio e televisión foron presionadas e expedientadas por distintas administracións (estatal e autonómicas) para que cesen as súas emisións, porque carecen de licenzas. No informe cítanse varios casos.

Descargar o informe completo adxunto

FeSP y ReMC denuncian retrocesos en la libertad de expresión.


Comments are closed.