O SXG apoia as mobilizacións que este sábado pedirán un referendum sobre a xefatura do Estado

Baixo o lema «Referendum Xa! Por un proceso constituínte» este sábado día 7 sairán á rúa en toda Galicia e no resto do Estado milleiros de persoas para reivindicar o seu dereito a participar na decisión sobre a xefatura do Estado que compre facer despois da abdicación do Rei. A Xunta Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia acordou apoiar estas mobilizacións e convocar á súa afiliación e simpatizantes a tomar parte nelas.


Estas mobilizacións esixen “do goberno do Partido Popular, do Partido Socialista e do resto de forzas políticas que apoian a lei orgánica de abdicación que recoñezan que o previsible 90% de votos a favor no congreso dos diputados non representa a un 90% da cidadanía do país.” O SXG súmase á esixencia dunha mellora na calidade democrática do noso sistema político a través da consulta ao pobo por medio dun referendum que decida a nosa forma de Estado e o futuro do país cun novo proceso constituínte se fóra o caso.

En Galicia está previstas arestora sete mobilizacións en forma de manifestación ou concentración repartidas por todo o país entre as 19 e a 20 horas deste 7 de xuño. Esta é a lista das convocatorias:

A Coruña 19:00 Obelisco
Lugo 20:30 Ronda da Muralla (sindicatos)
Pontevedra 19:00 Praza da Peregrina
Santiago de Compostela 19:00 Alameda
Vigo 19:00 MARCO
Ponteareas 19:00 Praza Bugallal
Vilagarcía de Arousa 20:00 Praza de Galicia

Máis información a través da páxina web www.referendumya.org


Comments are closed.