Recomendacións ante cobros do FOGASA

Ante certos cambios na información dada de oficio polo Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) desde o servizo de asesoría e defensa xurídica do SXG trasladamos estas recomendacións aos afiliados que estén pendentes do cobro dalgunha cantidade por parte de FOGASA:

1º. FOGASA en ocasións non remite fisicamente a resolución de pago, só fai o pago na conta sinalada. Se isto ocorre e a cantidade entendemos que non é a correcta debemos solicitar por escrito copia da resolución. Para iso acudirase á oficina de FOGASA máis achegada ao domicilio.

2º.- Revisada a resolución se aínda así estamos disconformes presentarase reclamación previa por escrito facendo constar o erro advertido. Se non responden no prazo dun mes por silencio pódese acudir á vía xudicial.

3º.- Pódese directamente acudir á via xudicial sen esgotar a vía administrativa facendo constar o erro.

Por suposto, a afiliados e afiliadas o servizo de asesoría e defensa xurídica do SXG a cargo do bufete de avogados Advocatum, de Santiago de Compostela, revisaralles as resoluciónes de FOGASA e daralles consello sobre como actuar en cada caso.


Comments are closed.